miércoles, 9 de febrero de 2011

Manda carallo,... de como foi a miña primeira carreira

  Si, todo escomenzou como redactei na primeira entrada. Eses foron os tempos antigos, a prehistoria do pegador de montaña. A primeira proba á  que asistín foi en Parada do Sil.
 O meu amigo Pablo e maís eu levabamos un par de meses falando de correr , dos adestramentos, de comprar unhas novas  zapatillas,  e,  vimos esta carreira. Preto da casa e ademais polo monte,...eh,eh,eh,...,que ilusión!.
Calquera que fora a esta duriiiiiiiiiisima carreira sabe do que estou a falar. 
  O día anterior, a preparación da roupa, a novas zapatillas de montaña unhas Salomon, preciosas, do trinque, só fixera 15 kms con elas, a ilusión toda completa. Á mañá cedo para Parada do Sil. Xa casi ó chegar a ledicia era moita,  ía correr unha carreira!, toda aquela xente tamén, ata tiña un sinal de saída e meta como as  que se vían na tv. Alá partimos cun berro nervioso, saída vertixinosa, era costa abaixo, oito kilómetros ou algún máis, non sei, non recordo con claridade, era a primeira carreira. Vértigo, mezclado con esquecemento é a lembranza que teño desa proba, xa que despois era todo subir e pretiño do desvaecemento era todo baixar. Mais  se fora nos cabaliños na feira sería igual. Ó final todo rematou, vin o hinchable, e a algún corredor derrengado e gastado mirando o horizonte, a liña perdida da meta. A sensación inesquecible, o posto dos derradeiros,  e ó día seguinte unhas  maniotas, casi as primeiras,... 

martes, 8 de febrero de 2011

De como empezei a pegar polo monte ...

Como case todo nesta vida foi sen querer. Nunha hora dun día calquera, atopei unhas zapatillas vellas, terminara de deixar de fumar, e de súpeto arrancoume unha idea tola..."pon as zapatillas e corre, voa polo monte..." pensado e feito,..., primeiro un pé logo outro, de seguido todo o corpo ía acompasado polo camiño, a súor cubría a miña cara, as lentes estaban perdidas co bafo, mirei para atrás e, xa levaba mais de 500 metros! todo un éxito para un exfumador de 40 anos. Esa foi a  miña primeira pegada no monte. Deseguido a cousa foi máis de súpeto; o corazón xa debía pasar das 200 pulsacións e a cabeza, que para iso é a que rixe, ou  así debería ser, dixo: Acabouse!. Á casa, isto non pode ser bon, é sucio, é canso,, dóeme todo,... Xa sei que isto non é o normal, pero así foron os meus comenzos no mundo das carreiras, as miñas pegadas polo monte. Despois de este día houbo moitos máis, mellores e peores, a maioría o principio foron malos, sempre doía algo, facía mal tempo, os camiños revirábanse para arriba, nin as cabuxas parecían capaces de pasar. Xa digo, foron os comenzos dun que empezou así a pegar polo monte.