Si, todo escomenzou como redactei na primeira entrada. Eses foron os tempos antigos, a prehistoria do pegador de montaña. A primeira proba á que asistín foi en Parada do Sil.
O meu amigo Pablo e maís eu levabamos un par de meses falando de correr , dos adestramentos, de comprar unhas novas zapatillas, e, vimos esta carreira. Preto da casa e ademais polo monte,...eh,eh,eh,...,que ilusión!.
Calquera que fora a esta duriiiiiiiiiisima carreira sabe do que estou a falar.
O día anterior, a preparación da roupa, a novas zapatillas de montaña unhas Salomon, preciosas, do trinque, só fixera 15 kms con elas, a ilusión toda completa. Á mañá cedo para Parada do Sil. Xa casi ó chegar a ledicia era moita, ía correr unha carreira!, toda aquela xente tamén, ata tiña un sinal de saída e meta como as que se vían na tv. Alá partimos cun berro nervioso, saída vertixinosa, era costa abaixo, oito kilómetros ou algún máis, non sei, non recordo con claridade, era a primeira carreira. Vértigo, mezclado con esquecemento é a lembranza que teño desa proba, xa que despois era todo subir e pretiño do desvaecemento era todo baixar. Mais se fora nos cabaliños na feira sería igual. Ó final todo rematou, vin o hinchable, e a algún corredor derrengado e gastado mirando o horizonte, a liña perdida da meta. A sensación inesquecible, o posto dos derradeiros, e ó día seguinte unhas maniotas, casi as primeiras,...
No hay comentarios:
Publicar un comentario