martes, 8 de febrero de 2011

De como empezei a pegar polo monte ...

Como case todo nesta vida foi sen querer. Nunha hora dun día calquera, atopei unhas zapatillas vellas, terminara de deixar de fumar, e de súpeto arrancoume unha idea tola..."pon as zapatillas e corre, voa polo monte..." pensado e feito,..., primeiro un pé logo outro, de seguido todo o corpo ía acompasado polo camiño, a súor cubría a miña cara, as lentes estaban perdidas co bafo, mirei para atrás e, xa levaba mais de 500 metros! todo un éxito para un exfumador de 40 anos. Esa foi a  miña primeira pegada no monte. Deseguido a cousa foi máis de súpeto; o corazón xa debía pasar das 200 pulsacións e a cabeza, que para iso é a que rixe, ou  así debería ser, dixo: Acabouse!. Á casa, isto non pode ser bon, é sucio, é canso,, dóeme todo,... Xa sei que isto non é o normal, pero así foron os meus comenzos no mundo das carreiras, as miñas pegadas polo monte. Despois de este día houbo moitos máis, mellores e peores, a maioría o principio foron malos, sempre doía algo, facía mal tempo, os camiños revirábanse para arriba, nin as cabuxas parecían capaces de pasar. Xa digo, foron os comenzos dun que empezou así a pegar polo monte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario